O PP pide no Congreso que o Goberno  declare zona catastrófica os municipios afectados polos incendios

O deputado nacional do Partido Popular, Jaime de Olano Vela, trasladou o seu apoio ás familias afectadas polos devastadores incendios que está a sufrir Galicia e, especialmente na provincia de Lugo, onde a maioría dos Concellos están nunha situación crítica, como é o caso de Folgoso do Caurel, A Pobra de Brollón, Cervantes, Palas de Rei, Antas de Ulla e Quiroga

Neste senso, adiantou que dende o Grupo Provincial Popular se presentaron diversas iniciativas nas que se reclama ao goberno medidas concretas para axudar ás familias, empresarios e aos concellos. Neste aspecto, o deputado nacional destacou que “lo más importante es asegurar las vidas de las personas afectadas y después valorar los daños causados en materia de viviendas, negocios, ganadería, agricultura…”, apuntou.

Por iso, plantexouse no Congreso a declaración de zona gravamente afectada por unha emerxencia de proteción civil nos municipios afectados polos incendios forestales acontecidos no mes de xullo, según o procedemento e os efectos do establecido no artigo 24 da Ley 17/2015 do 9 de xullo.

Entre as medidas a tomar neste aspecto que, dende o PP instan ao Goberno de Pedro Sánchez e que son compatibles coas habilitadas pola Xunta de Galicia en días pasados, son:

– A concesión de axudas económicas a particulares por danos na vivenda habitual e enseres de primeira necesidade.

– Realizar a compensación ás corporacións locais afectadas polos gastos derivados de actuaciones inaprazables.

– Aprobar as correspondentes axudas a persoas físicas ou xurídicas que levasen a cabo a prestación persoal de servizos e bens.

– Aprobar, se procede, as subvencións por danos en infraestruturas municipais e rede viaria provincial.

– Aprobar, se procede, as subvencións por danos en infraestruturas hidráulicas que se puideron ver afectadas polas chamas, en particular aquelas que dan servizo ás comunidades de regadores e pequenos agricultores.

– Aprobar, se procede, as subvencións por danos en producións agrícolas, gandeiras e forestais.

– Aprobar medidas fiscais, laborais e da Seguridade Social.

Sen apoio do PSOE para os servizos ferroviarios e terrestres

Noutra orde de asuntos, o deputado nacional explicou que o Grupo do PP  acadou o apoio do resto de grupos, a excepción do PSOE, no Debate do Estado da Nación para recuperar os servizos ferroviarios que se prestaban antes da pandemia e que seguen suspendidos; retirar o mapa confesional de transporte de viaxeiros por estrada e convocar a conferencia sectorial que aprobe un novo mapa “que no perjudique a la España despoblada”.

Por outra banda detallou De Olano, na provincia de Lugo ata dez concellos, 35.000 habitantes en total, quedan sen parada. Estes son: Chantada, Guitiriz, Monterroso, O Corgo, Palas de Rei, A Pontenova, Meira e As Nogais.

Ademais, a supresión das relacións intraautonómicas “damnifica” sobre todo a Lugo, xa que as viaxes máis habituais dentro da Comunidade aproveitando as liñas estatais son: Lugo-Santiago, Ribadeo-Santiago, Pedrafita-Santiago, Lugo-Pedrafita Becerreá-A Coruña ou Lugo-Vigo.

Sen apoio do PSOE para a atención primaria

En materia sanitaria, o PP tamén logrou aprobar, pero sen o apoio dos socialistas, unha iniciativa propia na que se insta a Sánchez a dar solución ao problema da falta de médicos de familia que afecta a toda España. “Este tema está en el tejado del Gobierno que es el competente para determinar qué especialidades MIR existen y cuál es el número de facultativos en cada especialidad”.

Balance negativo do curso político de Sánchez

Jaime De Olano tamén fixo balance do cuso político que está a piques de rematar. “Desgraciadamente, el Gobierno del Sr. Sánchez no ha sido capaz de dar solución a los graves problemas que tienen los españoles, pues este es un Gobierno que está más pendiente de sus peleas internas que de los españoles; y un Gobierno de tres que únicamente les une en mantenerse en el poder”.

Tal é así, dixo, “empezamos el curso en septiembre del año pasado con un grave problema de precio de la luz y hoy el precio de la luz es más alto que hace 9 meses; empezamos el curso con un problema grave de precios altos en la cesta de la compra y hoy la inflación esta en cifras récord de los últimos 40 años; empezamos el curso con un problema de precios en la gasolina y el gasoil y tras 9 meses pagamos el carburante más lato que nunca en la historia”.

En definitiva, “un gobierno y un Partido Socialista en el que cambian las caras cada dos por tres pero desde luego no cambian las actitudes: La ministra Alegría, portavoz del PSOE en su primera entrevista lo primero que hace es insultar al PP. Lo mismo el portavoz en el Congreso: insultar al PP”, concluíu.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.