O PP responde a Tomé: “Unha vez máis queda claro que entre os lucenses e o Goberno, o presidente da Deputación sempre elixise ao PSOE sanchista”

Os populares lamentan que o tamén secretario provincial socialista “se atreva” a criticar á conselleira de Infraestruturas, cando o único que lle importa á Xunta de Galicia é acadar unha solución útil para todos

Critican “a ousadía política” do titular da institución luguesa, pois no organismo que preside “di unha cousa e cando ten diante alguén do equipo de Pedro Sánchez, di o contrario”

Ínstano “a facer valer a súa palabra e o seu cargo en Madrid para que as opcións do Goberno galego sexan, polo menos, escoitadas e non se actúe só con criterios partidistas, como sempre actúa este Goberno con Lugo”, afirman

Defenden que a proposta de Ethel Vázquez e viable tecnicamente, polo que o resto obedece “á dobre moral do partido de Pedro Sánchez que dista moito, insisten, daquel PSOE que si estaba interesado en chegar a acordos e a pactos de estado que beneficiasen ao país”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.