O PP ve con escepticismo o novo convenio da Deputación para a residencia da terceira idade de Guitiriz, despois de perder catro anos e tirar a emblemática Casa da Botica

O grupo provincial popular cualifica de “penosa e patética a xestión da Deputación de Lugo con respecto a residencia programada en Guitiriz e á Casa da Botica, que a día de hoxe non existe

Audio. Katy Varela

O novo convenio para a residencia de Guitiriz, di Castiñeira, “substituirá ao anterior, de xuño de 2018, o que quere dicir que perdemos catro anos; daquela tiñamos en pé a Casa da Botica, un valor histórico da localidade, e agora xa non está”

Os populares din que este caso “demostra a nefasta capacidade de xestión do equipo de goberno e sobre todo o grandísimo prexuízo que se está a causar aos veciños de Guitiriz, que cada vez ven como se acumula máis e máis retraso no proceso para ter a residencia da terceira idade que se lles prometeu”

Castiñeira pide “ao equipo de goberno da Deputación moita máis seriedade, porque non se pode presumir dunha rede de residencias cando se está enganando a metade das poboacións as que se lle prometeron”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.