O PSdeG-PSOE instará ao goberno local de Arteixo a mellorar as condicións económicas e laborais da contratación de socorristas

O grupo municipal socialista do concello de Arteixo ten recibido información de que as condicións económicas e laborais que oferta o concello para contratacións de socorristas estan por debaixo do que ofertan outros concellos do mesmo ámbito xeográfico e que este podería ser motivo para que os profesionais marchen cara outras administracións locais, polo que presentará unha moción no pleno de xullo para instar ao ao goberno local a mellorar as condicións económicas e laborais da contratación de socorristas no concello.

Os socialistas argumentan que os consistorios municipais están a padecer unha escaseza de persoal socorrista debido á xestión levada a cabo pola Xunta de Galicia que está a provocar un colapso serio xa que o Goberno galego aprobou unilateralmente o decreto actualmente vixente, sen ter en conta as recomendacións dos sectores implicados, no que se recollía unha disposición transitoria que remataba en abril de 2021 e que permitía o desempeño das labores de socorrismo por un maior variedade de persoas provocando unha evidente redución progresiva do número de socorristas e un grave déficit de profesionais na nosa comunidade.

“Dende o noso grupo recibimos a información de que o noso concello fora un dos consistorios de Galicia que non conseguira o número de socorristas que tiña ofertado neste 2022, pese a facer o esforzo económico para ter o maior número de bandeiras azuis de toda Galicia incluso en areais con vertidos, mala accesibilidade e falla de servizo” explica a voceira socialista Patricia Boedo, quen indica que tamén teñen recibido “información de que as condicións económicas e laborais que ofertaba o noso concello para contratacións de socorristas estaban por debaixo do que ofertan outras localidades do noso ámbito xeográfico e este podería ser motivo para que os profesionais marchasen cara outras administracións locais.”

Ante esta situación os socialistas proporán no pleno que se adopte un acordo para instar á Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias e urxentes para poñer unha solución a esta situación de absoluto desleixo nos servizos de socorrismo e prorrogar a habilitación provisional regulada na disposición transitoria única do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, a través da súa modificación inmediata e excepcional, así como modificar as bases da convocatoria na que se regula a subvención aos Concellos para a contratación de persoal de salvamento, apostando por un sistema mixto, no que se permita a contratación do servizo a través dunha empresa naqueles supostos nos que que deserta a convocatoria pública e suprimindo a esixencia de inscrición no Servizo Público de Emprego para levar a cabo a contratación polas entidades municipais.

Según Boedo tamén é necesario explorar “vías alternativas para solucionar esta situación que permitan habilitar de maneira temporal e excepcional a aquelas persoas que gocen de módulos de salvamento dentro da súa formación acreditada” e elaborar un novo decreto no que se regule a formación e as condicións esixibles para o desempeño das funcións de prevención e socorrismo nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas en consenso coa FEGAMP, as federacións, asociación e axentes sociais do sector que permita reverter a situación actual.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.