O xornalista de Sarria, Manuel F. Rodríguez pronuncia o pregón da 3ª Festa do Peregrino de Triacastela

Na súa intervención Manuel dixo respectar «a cantas persoas realizan a ruta xacobea, sexa polo motivo que sexa e desde onde sexa, incluídas aquelas que escollen realizar só os seus últimos 100 km. Respéctoos porque é unha cuestión de liberdade. Que vaia isto por diante. Pero sinto pena que na actualidade a maioría deses peregrinos, aínda podendo, realicen esta ruta só desde a miña querida Sarria. Non é só que o Camiño de Santiago teño historicamente un sentido alleo por completo a iso. É tamén canto se perden antes! Entre outras cousas, esta Triacastela única, esta primeira conexión plena con Galicia».
(…) «Non podemos perder o sentido do Camiño como unha vía transversal por Europa cuns valores únicos no mundo. Un Camiño sempre aberto», expuxo o xornalista quen reivindicou unha #Triacastela cuns veciños e veciñas hospitalarios dos que deron conta ao longo dos séculos números peregrinos nos seus libros e escritos. Entre eles, citou a Giacomo Antonio Naia, ao poeta francés Germain Noveau , ao irlandés Wlater Starkie ou á actriz Shirley MacLaine.

No acto tamén se lle rendeu homenaxe póstuma a dous artistas da zona; ao escultor en madeira José Luis López Río, autodidacta, creador e investigador de formas polo seu enorme labor e a súa contribución á difusión da cultura e os procesos creativos, e ao cesteiro Jesús García Gómez, un dos representantes máis sobranceiros desta mestría na Serra do Oribio pola súa contribución á difusión do saber facer tradicional.
Para continuar unha moza italiana pertencente aos voluntarios internacionais polo corpo europeo de solidariedade ‘Xuntos Xacobeando’ leu un poema. A esta intervención seguiuna a presentación do libro ‘Breicar no Camiño de Santiago’ da veciña de Triacastela Mirella López Díaz.

A Festa do Peregrino de Triacastela deu comezo coa apertura dunha exposición sobre Cova Eirós a cargo do fotógrafo José Salgado que se pode visitar na Fonte do Lunar. Un grupo de música tradicional percorre a vila desde media mañá. E hai arredor de 20 postos de artesanía e de produtos gastronómicos da zona nos que mercar.

Xa pola tarde haberá un obradoiro creativo, un taller de impresión de papel e un espectáculo de títeres, ademais da actuación musical de Sound Sisters.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.