Os ´Seráns musicais’ chegan ás rúas de Vilalba

O Concello de Vilalba presenta os ‘Seráns musicais polas rúas de Vilalba’, unha programación cultural con diferentes actuacións musicais durante os meses de verán, entre o 8 de xullo e o 12 de agosto, dándolle prioridade aos grupos locais

O programa comeza o próximo venres 8 de xullo con Mestura de Nete ás 21:00 horas, continuando o seguinte venres 15 con Buxos Verdes á mesma hora. O venres 22 de xullo, A. C. Cerna de Árbol actuará en Vilalba ás 21:00.

O 25 de xullo, Día de Galicia, o programa inclúe dúas actuacións: ás 11:30 horas, Entre Lusco e Fusco, e ás 13:00 horas o concerto da Banda Municipal de Música de Vilalba, nesta ocasión no parque Rosalía de Castro.

Para pechar o mes, o venres 29 de xullo inclúe as actuacións de Os do fondo da barra (a través do Agadic) e da Charanga de Vilalba, ás 21:00. O mes de agosto traerá o día 5 á Banda de Gaitas Mato Vizoso e o 12 de agosto será o concerto de A.C. Andrade, ambas ás 21:00.

O peche dos ‘Seráns Musicais polas rúas de Vilalba’ correrá a cargo do grupo Son da Rúa (Iescha), o 12 de agosto ás 22:30 horas no palco da música da praza da Constitución.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.