Os socialistas de Touro esixen á Xunta o normal funcionamento do centro de saúde

O PSdeG de Touro amosa a súa preocupación pola falla de médicos de atención primaria e de pediatras do centro de saúde ante negativa da Conselleria de Sanidade a cubrir as baixas por vacacións

Según a voceira do Grupo Municipal Socialista Gemma V. López o «claro afán privatizador da sanidade e falla de previsión na cobertura de profesionais que se van xubilando e os cativos investimentos» están levando á catástrofe total o principal piar do estado de benestar.
As e os Socialistas esixen ao PP de Touro «que deixe de poñerse de perfil e que se poña a reclamar unha solución» e que se poña «a carón das veciñas e veciños de Touro» rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.