Premio Nacional para o traballo investigador do CITIC da UDC sobre a aprendizaxe intelixente aplicada ás instalacións de control de auga

Álvaro Michelena Grandío, do Centro de Investigación de Tecnoloxías TIC (CITIC), recibe o Premio Nacional ao Mellor TFM/TFG en Control Intelixente outorgado polo Comité Español de Automática (CEA)

Un sistema de control intelixente más rápido, óptimo e eficiente, que permite detectar as anomalías en tempo real das instalacións de control de líquidos. Este é o obxectivo do Traballo Fin do Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica da EPEF do investigador CITIC da UDC Álvaro Michelena Grandío, quen vén de recibir o Premio Nacional Mejor TFM/TFG en Control Intelixente outorgado polo Comité Español de Automática (CEA), patrocinado pola empresa ASTI. O galardón, entregado no XVII Simposio de Control Inteligente do CEA, recoñece e estimula o traballo desenvolvido en relación ao control intelixente.

A proposta de Michelena xira en torno á aprendizaxe intelixente dos procesos de control de líquidos, entre eles a auga. Moitos destes procesos operan en continuo, sendo o controlador máis usado o PID (Proporcional- Integral-Derivativo) que require do axuste duns parámetros para os seu correcto funcionamento. Tradicionalmente, este axuste realizábase de forma empírica mediante sistemas que poden resultar lentos e pouco eficientes cando os sistemas a controlar non son lineais. É por iso que o proxecto realizado polo investigador do CITIC presenta unha solución que se basea na combinación de metodoloxía tradicional -como son os lazos de control PID autoaxustables e os algoritmos de identificación baseados en mínimos cadrados- cos máis recentes avances tecnolóxicos como son as redes neuronais e a aprendizaxe federado. De xeito, proponse simplificar a tarefa de identificación e control do procesos non lineais de control do nivel de líquidos.

A proposta final de Álvaro Michelena Grandío permite obter un modelo xeral de comportamento do sistema, de xeito que á hora de identificar e controlar outros sistemas iguais, o proceso efectuarase automaticamente e de forma más rápida, óptima e eficiente. “Isto é así porque se parte dun coñecemento previo do funcionamento do proceso e, ademais, a solución deseñada permite realizar a detección de anomalías en tempo real”, explica o investigador do CITIC, quen tamén forma parte do grupo de Ciencia e Técnica Cibernética da Escola Politécnica de Enxeñeira de Ferrol (EPIF) do Campus Industrial de Ferrol.

O Premio Nacional Mejor TFM/TFG en Control Inteligente CEA 2022 a Álvaro Michelena vense a sumar a outros recoñecementos recibidos polo investigador este ano como o Premio Cátedra Emalcsa-UDC. Michelena graduouse en 2020 en Ingenería Electrónica Industrial e Automática da Universidade da Coruña, obtendo o premio extraordinario da UDC. No obstante, iniciou a súa actividade investigadora en 2019 na antiga Escola Universitaria Politécnica (EUP), actualmente Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e dende maio 2021 forma parte do CITIC como técnico de apoio á investigación, colaborando con diferentes proxectos do centro. Así mesmo, dende decembro de 2021 é membro tamén do grupo de Ciencia e Técnica Cibernética de la Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol do Campus Industrial de Ferrol.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.