Remata o primeiro mes do ArboConcilia

Un total de 120 nenos e nenas puideron disfrutar das actividades do campamento durante o mes de xullo
Con moitas ganas de pasalo ven, dábamos a benvida a Xullo no Campamento de Verán de Arbo, que organiza o concello de Arbo, no C.E.I.P Antonio Carpintero.
Comezábamos preparando as mochilas e todo o necesario para emprender o noso Camiño a Santiago dende Roncesvalles.
Cada neno e nena creou a súa credencial para poder acuñar en cada pobo polo que van pasar, e así o chegar a Santiago poder recibir as súas Compostelas.
Houbo días de piscina e unha saída a biblioteca para ver a actuación infantil “Contos nunha roda: Manuela e Manuel” do programa ler conta moito de Xunta de Galicia, pero non remataría aquí a semana para os nosos rapaces e rapazas, xa que tamén tiveron xogos, moitos xogos de auga.
O Campamento de Verán organizado polo Concello de Arbo, e cofinanciado pola Xunta de Galicia, é unha medida facilitadora da conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto, nos que os rapaces non teñen actividade académica; un espazo lúdico-formativo no que se fomentarán valores con xogos, actividades e accións lúdicas – informa o alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil.
O día 1 de xullo arrancaba a primeira quincena do campamento de verán de Arbo, cun total de 53 nenos e nenas que desfrutaron da piscina, xogos, actividades na Biblioteca, o programa “Lecer consumo” e “Ti sí que eres un Bo Peixe” da Xunta de Galicia e comezaban a temática do programa deste ano “O Camiño de Santiago”.
A segunda quincena do campamento de verán cun total de 70 nenos e nenas, desfrutarán dun verán cheo de actividades, con ilusión e aprendendo. Recibían a visita do programa “Fai clic no teu Bocata” da Xunta de Galicia, desfrutaban do programa ler conta na Biblioteca municipal, e seguían
O campamento de verán de Arbo, cada ano ten máis demanda entre os nenos e nenas arbenses, e mostra diso é que cada ano son máis as solicitudes que se reciben no Concello – manifesta o alcalde – o calidade das temáticas que cada ano son distintas e os programas organizados, o uso de instalacións municipais e o traballo das monitoras que con ilusión e ledicia cautivan a rapazada participante, fan que o campamento de verán sexa unha actividade con moita demanda. Dende o Concellos queremos agradecer a confianza dos pais e nais usuarios deste servizo e agradecemento tamén ao persoal e monitoras encargadas de facer un verán inesquecible aos máis cativos.