Representantes do BNG visitan a Plataforma Industrial da Madeira Estrutural e a EPS da USC

Na visita participaron o portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a deputada provincial Mónica Freire

As parlamentarias do BNG María Albert, Alexandra Fernández e Luís Bará achegáronse a Lugo para vsitar as instalacións da Plataforma Industrial da Madeira Estrutural da USC e coñecer de primeira man as actividades que se realizan nas mesmas. As parlamentarias do BNG estiveron acompañadas polo portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e pola deputada provincial Mónica Freire.

Na visita, as representantes do BNG coñeceron de primeira man os proxectos que desenvolve esta plataforma tecnolóxica do Campus de Lugo, aposta pola madeira como o único material de construcción capaz de ofertar solucións e melloras ao proceso de cambio climático ao que se enfrenta a sociedade.

A delegación do BNG mantivo unha xuntanza coa directiva do proxecto e da EPS, ademais de visitar as instalacións e os proxectos que este grupo ten en marcha

PEMADE

Fundada no ano 2008 e integrada como plataforma tecnolóxica na Universidade de Santiago de Compostela PEMADE ofrece servizo á sociedade e apoio docente nos aspectos do coñecemento relacionados coa enxeñería da madeira con fins estruturais. As actividades céntranse no estudo e uso eficiente da madeira, aproveitando as súas capacidades para ofrecer solucións estruturais respectuosas co medio ambiente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.