Reunión de Alfonso Rueda con Felipe VI en Madrid

O titular da Administración autonómica, Alfonso Rueda, trasladoulle hoxe ao Rei Felipe as prioridades da Xunta ante este novo comezo de lexislatura, que son, dixo, as de todos os galegos e galegas. Nese sentido, aseguroulle que Galicia seguirá a contar cun goberno estable, responsable e constitucionalista

Tamén que estará centrado en axudar a familias e empresas ante a incertidume económica e o encarecemento de prezos, en fortalecer os servizos públicos e en aproveitar ao máximo os fondos europeos para modernizar o noso tecido produtivo. “Temos magníficos proxectos que van cambiar o mercado de traballo e suporán un impacto moi importante neses territorios”.

Durante a audiencia, que se prolongou case hora e media, o presidente da Xunta agradeceulle ademais á Súa Maxestade que a reunión fose tan proveitosa e o seu coñecemento e interese por todo canto implica a Galicia, ao tempo que lembrou que O Rei non só é Xefe do Estado, senón tamén embaixador vitalicio do Camiño do Santiago. Por iso, invitouno a percorrer un pequeno tramo para renovar o seu compromiso.

Por último, á súa saída e ante os medios de comunicación, Rueda lamentou non se poder ter reunido antes co presidente do Goberno central, toda vez que moitas das metas non se poderán acadar sen a implicación activa do Estado. Non hai tempo que perder, dixo, salientando que urxe atallar problemas como a falta de médicos ou acadar unha xestión máis descentralizada e áxil dos fondos europeos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.