Sandra Vázquez: “Os tres anos de goberno de Elba Veleiro foron tempo perdido para o concello de Vilalba, paralizado pola súa total falta de xestión”

Os populares din que o máis lamentable “é que as decisións deste goberno non teñen en conta aos veciños e, aínda por riba, van en contra dos seus intereses”

A voceira popular, Sandra Vázquez, puxo como exemplo de decisións tomadas polo goberno local contra os intereses dos veciños “a unidireccionalidade da rúa da Pravia, unha zona azul confusa ou non ofrecer alternativas de aparcamento”

Grupo Municipal de Vilalba

O Grupo Municipal Popular pon como exemplo da falta de xestión de Veleiro e o seu equipo “a esquecida RPT e o caducado contrato do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria”

Incapaces de aprobar o orzamento anual, froito da súa pésima xestión económica “é a perda de subvencións doutras administracións -o Concello tivo que devolver unha axuda de máis de 43.000 euros da Deputación-, o seu despilfarro, como o millón necesario para tirar o parque acuático e construír unhas piscinas mentres os vilalbeses pasan catro veráns sen recursos acuáticos

O PP destaca “o descarado abandono da zona rural”, que continúa “coas pistas en moi mal estado, con fochancas perigosas e sen ningún tipo de mantemento”

Os populares poñen de relevo a parálise na tramitación do PXOM e do proxecto de ampliación do polígono industrial, fundamental para a creación de postos de traballo e, polo tanto, para asentar poboación

 Para o PP está absolutamente demostrado que os socialistas carecen dun proxecto para Vilalba e que non teñen ideas nin para o presente nin para o futuro do municipio

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.