Abel Caballero desmiente las informaciones de que Vigo no optará a ser sede do Mundial de Fútbol 2030

O alcalde confirmou en rolda de prensa que “Vigo está na carreira para ser sede do Mundial 2030” e desmentiu as informacións deste domingo, que deixaban o Estadio Municipal de Balaídos fóra da convocatoria.

Abel Caballero compareceu hoxe en rolda de prensa para confirmar que “Vigo está na carreira para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030” no marco da candidatura conxunta de España e Portugal para acoller o evento deportivo.

O alcalde deu conta da cronoloxía do acontecido, logo de aparecer este domingo nalgúns medios de comunicación que Balaídos quedaba fóra da listaxe presentada por la Real Federación Española de Fútbol.

Caballero explicou que “o 14 de xuño o ministro de Cultura e Deportes, Miquel Iceta, enviou unha carta ás comunidades autónomas abrindo o prazo de solicitudes para as sedes do evento, aberto ata o 4 de xullo”.

Segundo manifestou o rexedor, foi coñecedor disto o xoves 7 de xullo, unha vez que o prazo estaba cerrado: “Informoume o vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, que chamoume o mércores e falamos o xoves. Nesa conversa confírmame que a Xunta presentó Vigo e A Coruña para ser sedes no Mundial 2030”. E seguiu: “O venres notificáronme dunha xuntanza técnica o 14 de xullo na Cidade do Fútbol das Rozas na que participarán un técnico municipal e outro do R.C. Celta”.

Deste xeito, o alcalde desmentiu as informacións do domingo que deixaban fóra a Vigo e o Estadio Municipal de Balaídos da competición por ser unha das sedes do Mundial do 2030: “A Xunta presentou as dúas candidaturas, Vigo e A Coruña. E o presidente da Real Federación Española de Fútbol congratúlase, como di nunha carta que recibín hoxe pola mañá”.

“Vigo está na carreira. Queremos optar a ser unha das sedes do campionato do mundo”, concluíu.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.