Volve a Festa Corsaria, cunha undécima edición por todo o alto

Celebrarase o 19 e 20 de agosto no centro urbano e contará de novo co concurso de decoración e ambientación

Dentro de exactamente un mes, a nosa vila viaxará á época histórica na que Gago de Mendoza liderou ás Alarmas do Morrazo para celebrar, por fin, despois dos anos de pandemia, a nosa Festa Corsaria por todo o alto. A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos presentaron o cartel deste ano, coas datas escollidas: 19 e 20 de agosto.

Tal e como explican desde o Concello, o prazo para solicitar a colocación de mesas na rúa, tanto para os particulares como para a hostalaría, será do 26 de xullo ao 15 de agosto. Para iso, será preciso descargar os formularios dispoñibles na web e presentalos no Rexistro Xeral, a través da sede electrónica do Concello, ou directamente no Rexistro do Concello.

Formulario hostalaría: http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2022/07/2022-HOSTELERIA.pdf
Formulario particulares: http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2022/07/2022-PARTICULARES.pdf

Coma sempre, as mesas que se autoricen deberán cumprir unha serie de requisitos: ter visible o número de identificación, que as persoas que coman nelas vistan traxes adecuados á época histórica da festa, que a temática de decoración da mesa sexa corsaria, que os materiais que se utilicen para dita decoración sexan coherentes cos da época e que os depósitos de lixo tamén vaian acordes ao resto do decorado.

Concurso

De novo, volverá tamén o VI Concurso de Decoración e Ambientación, co que premiar ao establecemento hostaleiro e á mesa de particulares que, polo seu enxeño e ambientación corsaria merezan a consideración do xurado.

Será preciso facer constar na solicitude da mesa que se vai participar no concurso e, de novo, tanto a temática como o deseño da decoración a valorar terán que ser acordes á época corsaria. O local de hostalaría gañador levará 200 euros de premio e repartirase un accésit de 100 euros. As mesmas cantidades erán tamén para os particulares.

A decisión do xurado, conformado por representantes das asociacións e colectivos relacionados coa vida marinense, será pública o 20 de agosto. Poden descargarse as bases do concurso aquí:
http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2022/07/2022-CONCURSO.pdf

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.