Xuntos Carballo M+J recolle queixas no San Cristovo e en Sísamo

O secretario local e voceiro da formación municipalista Xesús Deus Gende e o responsable de zona para o barrio do San Cristovo e Sísamo, Marco Bardanca Mato, desprazáronse ata dous lugares despois de recoller duas queixas veciñais que se lle transmitiron recentemente

A primeira reinvindicación situase no barrio do San Cristovo, onde dende o día das cachelas de San Xoán permanece unha morea de madeira, sillóns e lixo estrado por unha finca moi preto dun monte cheo de maleza. A veciñanza reclama que se retire o máis axiña posible para evitar calquer tipo de risco ou plaga.

A segunda chega dende Sísamo onde persoas que empregan o aparcadoiro preto da igrexa, ven como hai parte dun muro antigo en perigo de caída a o carón dun hórreo en estado de abandono.

Dende Xuntos Carballo M+J piden a retirada urxente do refugallo situado no nomeado barrio carballés, e que se sinalice  como perigosa a zona preto do estacionamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.