Xuntos Carballo pide o acondicionamento da estrada entre Oza e o Rodo e o arranxo da contorna do parque de Eduardo Pondal

O secretario local e voceiro da formación municipalista Xuntos Carballo M+J, Xesús Deus Gende, e o responsable de obras, servizos e urbanismo José Luis Bardanca achegáronse ata Oza para  coñecer o estado en que se atopa a estrada que xunta dita parroquia co lugar do Rodo e Cances

Fai xá un tempo que se instalou o saneamento , pasando o mesmo por dita vía.O asfaltado que no seu día se lle botou para tápalo repisou bastante,polo que as arquetas sobresaen na vía e hai desniveis fondos que imposibilitan unha normal circulación. O carón do espazo de lecer de Eduardo Pondal existen plaquetas do chán danadas,que levan dado xá máis dun susto a persoas que camiñan pola zona, asimesmo os país e nais que levan os  cativos a o parque, queixanse do estado actual en que se atopa, co balado de madeira en mal estado, unhas xarnineiras cadradas que en vez de flores teñen cabichas de tabaco,que os nenos máis pequenos poden  coller na mán co risco que iso supón.

Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos que o concello acondicione a estrada descrita anteriormente, repoña as plaquetas rachadas na beirarúa a fin de evitar posibles danos persoais,e acondicione o parque para rematar coa problemática que presenta tal espazo.»

Dende o mes de Febreiro que se fixo o anuncio do arranxo de cinco parques infantís na zona urbana pouco ou nada se leva feito.Aquí parece que todo se basea en demagóxia barata, despilfarro de diñeiro público e pouco máis.Moito ofrecer e pouco facer».Sinala o secretario xeral Xesús Deus Gende.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.