13 matrimonios danse cita este sábado en Arbo para celebrar as súas vodas de ouro

O evento contará coa actuación de Antonio Barros gañador do concurso televisivo Recantos do recoñecido programa Luar da TVG

O Concello de Arbo, un ano máis quere agasallar o amor que durante 50 anos levan compartido os matrimonios arbenses, e como tal celebra o evento tradicional “Vodas de Ouro” o vindeiro 6 de agosto ás 21:00 horas na  Praza Consistorio.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, pon de manifesto que é unha satisfacción e ledicia poder celebrar este evento colectivo que simboliza e homenaxea as parellas por ser un exemplo de convivencia, respeto e fortaleza.

Neste evento no que están citados un total de trece matrimonios que cumpran ou que cumprisen os “50 anos de casados” – Vodas de Ouro  dende o 16 de febreiro de 2021 ata o 31 de xullo de 2022,  terán o seu evento propio diante dos veciños e veciñas arbenses que queiran participar nesta celebración.

Algunha parella máis tamén estaba citada, pero que por motivo de saúde non poden acudir, polo que o alcalde, acudira a visitalos a súa vivenda.

Durante o evento, os matrimonios poderán desfrutar da actuación do artista Antonio Barros con “ialma” un directo acustico de boleros e baladas .

Antonio Barros e coñecido polo seu paso polo concurso televisivo Recantos do recoñecido programa Luar da TVG, concurso do que foi gañador.

Da man do alcalde, os homenaxeados, recibirán un pin co escudo do Concello no caso dos homes e un ramo de frores no caso das mulleres, así como unha placa conmemorativa que lles recorde o seu paso por este evento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.