“A bravura do mar”gaña o I Concurso de fotografía do GALP Golfo Ártabro Sur

A obra de Manuel Suárez Blanco foi a máis votada polos usuarios de Facebook no I Concurso de fotografía “Ollando cara o mar” organizado polo GALP da zona

O I Concurso de fotografía online do GALP Golfo Ártabro Sur “Ollando cara o mar” pecha a súa primeira edición coa obra “A bravura do mar”, de Manuel Suárez Blanco, como primeira finalista na votación popular.

A imaxe, capturada desde un punto da costa de Mera, en Oleiros, amosa como o mar rompe con forza contra as pedras, provocando unha espesa espuma branca e alertando da súa fereza.

A obra foi a máis votada polo público, pero seguida moi de preto por “Posta de Sol” e “Libélula descansado a beira do río” de Adrián Rodríguez, que obtivo o segundo e terceiro premio do certame. En contraposición á primeira fotografía, as do segundo gañador evocan tranquilos escenarios, como a fermosura do atardecer dende a praia de Barrañán, en Arteixo, ou a quietude dunha libélula nun regato de Bergondo.

Foto: Manuel Suárez Blanco

Dinámica do concurso O certame, que ten como obxectivo por en valor o litoral e a importancia dos océanos na vida diaria das persoas, consistiu en presentar fotografías relacionadas co ámbito costeiro. Cada persoa participante podía concursar cun máximo de cinco fotografías que retratasen a actividade pesqueira, paisaxes emblemáticas, praias, etc. dos concellos do territorio do GALP Golf Ártabro Sur, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.

As 50 imaxes finalistas sometéronse a votación popular no perfil de Facebook do GALP e as tres fotos máis votadas resultaron as gañadoras.

Premios Os tres galardóns do concurso están patrocinados polas empresas de ocio náutico locais Cadenote, Altavela e Escola Náutica de Sada (ENSA). O primeiro premio consiste nun curso de vela práctico para unha persoa, na ría de Betanzos, que contempla catro saídas en veleiro, de tres horas de duración cada unha delas.

O segundo é unha excursión en veleiro para dúas persoas polo litoral do Golfo Ártabro e, o último e terceiro premio supón un bautismo de vela para unha persoa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.