A Deputación de Lugo colabora coa APEHL no concurso Cume Tapas Erótico, de Monforte de Lemos

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou na entrega de premios do Cume Tapas Erótico organizados pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL), coa colaboración da Deputación de Lugo, do 31 de maio ao 5 de xuño.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, acolleu a entrega de galardóns que recoñeceu á Adega de Carlos, coa tapa Ofigochorréame; a MC, que levou o segundo premio coa tapa Goza do Rabo, e á Confitería Moure polo seu Volaván Ardente.

A institución provincial achega 40.000€ para a posta en marcha de iniciativas por parte da APEHL, entre as que se atopan esta iniciativa en Monforte de Lemos, pero tamén a promoción turística ou un curso de enoturismo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.