A glorieta da praza do Comercio estrea as melloras en seguridade viaria

A rebaixa e arranxo da glorieta mellora a visibilidade desde os diferentes puntos de acceso

O Concello da Coruña continúa a intervir nos diferentes barrios da cidade segundo as súas necesidades e as suxestión dos veciños e veciñas. Neste caso, o Goberno municipal de Inés Rey, a través da súa Concellaría de Medio Ambiente, vén de realizar unha actuación integral nas zonas verdes da contorna da praza do Comercio.

A principal intervención neste espazo foi a que se levou a cabo na glorieta na que conflúen varias rúas do barrio da Agra do Orzán, entre elas a da propia praza do Comercio. O obxectivo foi a mellora da visibilidade neste espazo para as persoas que transitan en vehículo por ela. Levouse a cabo unha rebaixa da vexetación do centro da glorieta e a súa exornación. Deste xeito, os vehículos son visibles desde todos os accesos á rotonda.

Por outra banda, restauráronse as zonas verdes das xardineiras da propia rúa da praza do Comercio. Estas acusaban un crecemento sen control de especies arbustivas que non eran axeitadas para a zona. Levouse a cabo un saneamento das xardineiras, eliminando a planta existente, reparando o sistema de rego, botando terra vexetal nova e plantando especies coloridas como o agapanto, a azalea, nandina, escallonia e pittosporum, todas elas contidas nunha sebe perimetral deseñada con buxo, e en cada xardineira un ilex crenata lillipop como elemento vertical.

Na glorieta, por outra banda, optouse por substituír a área de céspede por plantas de tempada e sanear o resto de vexetación e árbores. Esta actuación encádrase dentro do proxecto de recuperación dos espazos verdes tradicionais da nosa cidade levado a cabo polo Goberno de Inés Rey. Neste caso, tívose en conta que se trataba dun espazo urbanístico con escasas zonas verdes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.