A localidade de Sande, Concello de Cartelle, recupera a Festa da Malla

Un traballo agrícola moi extendido que tamén nesta localidade facía que os veciños se unisen para colaborar uns con outros ata obter o prezado gran, materia prima para a elaboración do pan e a alimentación dos animais da casa. a localidade de Sande, Concello de Cartelle, recupera a Festa da Malla.
Un traballo agrícola moi extendido que tamén nesta localidade facía que os veciños se unisen para colaborar uns con outros ata obter o prezado gran, materia prima para a elaboración do pan e a alimentación dos animais da casa. Organizado pola Asociación Cultural Entroido de Sande, para chegar a esta festa fai meses que se sementou centeo e trigo e, fai unhas semanas tocou facer a sega para construir as medas que os veciños recollerán o mesmo día 14 pola mañá.
Pola tarde, a partir das 18,00 horas comezará a malla cos tradicionais manles nos que aos recuperados de antigas cortes, se lle suman seis feitos para a ocasión por un veciño. Tras o traballo, toca recuperar forzas cun pincho de churrasco e criollos, no que non faltará o viño e a sobremesa. 10 euros e haberá prazas límitadas.
Esta primeira edición é unha toma de contacto e unha forma de facer partícipes aos pequenos do que significa este traballo agrícola e da unión que había entre todos os veciños. Unha unión que nunca debe perderse. Ademais, os máis maiores levan semanas contando como o vivían, converténdose na mellor memoria viva que temos.
Outras actividades
Tras dúas sesións de cine, unha tarde de xogos de mesa con merenda doce e xogos de auga con petiscos, toca unha nova sesión de cine o día 19 de agosto, e unha moi recomendable ruta nocturna o día 2 de setembro que levará aos participantes, por medio de probas, a descubrir a nosa aldea.