A Praza de Abastos de Lugo acollerá o torneo de futbolín ‘Maestros del Norte’ con máis de 400 xogadores e xogadoras

A cita celebrarase na Praza de Abastos entre o 13 e o 15 de agosto, e o acceso será gratuíto

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentaron, xunto con integrantes da Asociación Lucense de Futbolín o torneo “Maestros del Norte”, que se celebrará na fin de semana do 13 ao 15 de agosto na Praza de Abastos. A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que “con esta cita continuamos a aumentar a oferta de actividades na Praza e do Mercado, achegando unha nova oferta de ocio para a ponte de agosto“.

O torneo achegará a Lugo a 400 xogadores de futbolín, e acollerá a terceira edición do Campionato Estatal de Futbolín, un dos torneos máis importantes a nivel estatal.

A actividade comezará o día 13, na modalidade Parado, entre as 10 e as 22:00. O domingo 14, o torneo continuará no mesmo horario coa modalidade Movemento, e en ambas as competicións contarase con categorías Pro, Master e Avanzado.

O torneo rematará o luns 15 co torneo de seleccións organizado pola Federación Española de Futbolín, entre as 10:00 e as 15:00, e que xuntará aos mellores xogadores do estado.

Asociación Lucense de Futbolín foi creada en 2018 co fin de promover e dar visibilidade a este deporte, fomentando a práctica do xogo inventado por Alexandre de Fisterra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *