A USC consolida a súa posición entre as 500 mellores universidades do mundo

A edición 2022 do Academic Ranking of World Universities (ARWU), tamén coñecido como ránking de Shanghai, inclúe a institución compostelá no tramo 401-500 da clasificación mundial

Por terceiro ano consecutivo, a clasificación elaborada polo  Academic Ranking of World Universities (ARWU) sitúa a Universidade de Santiago de Compostela no intervalo 401-500 das mellores universidades a nivel mundial. A USC consolida así unha posición que mantén dende 2020 e colócase no chanzo 9-11 das institucións destacadas pola listaxe na contorna estatal.

A edición 2022 do popularmente coñecido como Ránking de Shanghai avalía máis de 2.500 universidades e publica os resultados das mil que encabezan a clasificación. Os criterios de avaliación inclúen diferentes indicadores de rendemento académico e de investigación, tales como o recoñecemento acadado polo persoal investigador e alumnado egresado nos Premios Nobel ou as Medallas Field ou as publicacións recollidas en revistas como Nature ou Science. Tamén considera o persoal investigador altamente citado na base de datos de Clarivate, os artigos indexados no Science Citation Index-Expanded e Social Science Citation Index, e o rendemento per cápita das universidades en función da dimensión do seu persoal académico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.