A veciñanza de Carballo demostra a súa solidariedade na campaña especial de doazón de sangue

14 das persoas que se achegaron ata a unidade móbil doaron por primeira vez

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Concello de Carballo agradeceron a solidariedade que volveu a demostrar a veciñanza do concello coa masiva participación na campaña especial de doazón de sangue do mes de agosto, na que se acadaron 161 doazóns, case un 32% máis ca o ano pasado.

Pero hai un dato máis positivo aínda, tal como destacan dende ADOS, porque desas 161 persoas que se achegaron ata a unidade móbil, 14 facíano por primeira vez. Para que facerse unha idea do que isto supón, no ano 2021 conseguíronse 2 novos doadores/as e xa se considerou todo un éxito, polo que a cifra deste ano, en palabras de ADOS, é “fantástica”.

O obxectivo deste 2022 é acadar a taxa de 40 doazóns por 1.000 habitantes, un obxectivo que está moito máis preto se conseguen manter a participación nas campañas mensuais que quedan ata finais de ano. No mes de setembro levarase a cabo outra campaña especial de tres días, unha nova oportunidade para amosar a solidariedade.

  • Xoves 1 venres 2: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas
  • Sábado 3: de 10.00 a 15.00 horas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.