A XXIII Mostra Folclórica da Fonsagrada se celebrará esta fin de semana

Actuarán grupos de Ciudad Real, Asturias e León ademais dos organizadores, a Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros 

A Xunta de Galicia apoia a Mostra Folclórica da Fonsagrada, que se celebrará os vindeiros días 13 e 14 de agosto.  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantiveron un encontro con Emilia Llano, presidenta da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, colectivo que organiza o evento.

Os representantes autonómicos gabaron o traballo que desenvolve a asociación pola promoción da cultura galega, “sumando ás novas xeracións ao seu proxecto e ofrecendo unha alternativa cultural e lúdica no municipio, ademais de facer posible esta convocatoria, que alcanza a vixésimo terceira edición e na que se dan cita agrupacións de distintas procedencias”.

Nesta ocasión actuarán o grupo folclórico Virgen de los Ángeles, de Ciudad Real; a agrupación folclórica La Sidrina, de Asturias; o grupo de música tradicional da escola municipal Beatriz Osorio, de León, e os propios organizadores. O sábado haberá pasarrúas pola vila desde as 12 da mañá e as actuacións comezarán ás 17.30 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.