ACiP califica de “usurero” ao Goberno de Ponteareas, por cobrar ilegalmente a 7.000 propietarios “tras perxudicalos na modificación dos seus terreos no Plan Xeral”

BNG, PSOE e PP aprobaron un Plan Xeral dantesco que inutilizou máis de 7.000 parcelas pasándoas de urbanas a rústicas

“Esta semana comezaron a chegarlle ós veciños os recibos da contribución urbana, e como non podía ser doutro modo baixo a xestión do bipartito BNG-PSOE, prodúcese unha situación que xera toda a nosa repulsa”.

“Debemos remontarnos a aprobación do nefasto Plan Xeral, baixo o que se atopa momentaneamente Ponteareas, que realizou a modificación de miles parcelas que pasaron de ser urbanas para categorizalas como rústicas, cos inconvintes que iso conleva. Chegado o momento de emitir os recibos, o bipartito realiza a escandalosa decisión de continuar cobrándollo como terreo urbano, xa que resulta moito máis beneficioso para as demacradas contas municipais”.

Como sinala  Juan Carlos González Carrera, «cada vez sorpréndennos menos as denigrantes actuacións do goberno ca súa propia veciñanza, pero esta vez comportáronse como uns auténticos usureiros, xa que saben perfectamente que están estafando os ponteareáns para cadrar os seus desaxustes económicos».

Como analizou minuciosamente o noso grupo, existen 7.000 parcelas que eran urbanos e que o goberno decidiu transformar en rústico, inutilizándoas na súa práctica. Podemos sinalar que o goberno cobrará de forma ilegalmente máis de 400.000€ que non lle corresponden, deixando que este problema lle caia o seguinte goberno municipal, cando se resolvan as reclamacións en favor dos veciños.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.