Andaina Pro Saúde Mental transforma o concello de Dodro nunha sala de exposicións

O concelleiro de Servizos Sociais e Benestar, Xoán Bautista Mariño segue con actividades neste verán. Este luns 22 de agosto presentou unha exposición en Dodro de cadros realizados en Andaina Pro Saúde Mental.
É a 1ª vez que unha casa consistorial brinda as súa sede para expoñer cadros, sinalou agradecida Omaira, cofundadora de ANDAINA P.S.M.
A inauguración contou coas persoas creadoras das obras, veciños, responsables da entidade, concelleiro de Servizos Sociais e Benestar e alcalde.
Xoan Bautista Mariño agradeceu o traballo, a ilusión e o arte que emanan as obras así como recordou a implicación da súa área e resto do goberno coa asociación sen ánimo de lucro -que se incrementou substancialmente neste mandato- e coa idea de seguir apostando pola inclusión social, colaborando con axudas anuais, charlas organizadas desde Servizos Sociais e Benestar e difundindo o seu labor coma neste caso.
O acto serviu tamén para a entrega de diplomas ás artistas que viron con alegría como os seus 30 acrílicos, de distintos tamaños, quedaban colocados no 1º andar, escaleiras e 1º piso das oficinas xerais da casa consistorial en Tallós.
As obras expostas tiveron moi boa acollida e xa quedaron algúns cadros reservadas ao acabar a inauguración que pechou o alcalde incidindo no compromiso deste goberno con estas e outras asociacións.
ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL é unha asociación sen ánimo de lucro. Desde 2010 enche o baleiro de atención global para persoas e familiares con problemas de saúde mental das zonas rurais próximas a Compostela. Ten sede en Dodro e Ordes desde onde actúan, tamén co obxectivo de inserción laboral desde o Centro Especial de Emprego