Arbo prepárase para a Festa da Bicicleta

O Concello de Arbo, organiza a tradicional “Festa da Bicicleta” coincidindo coa XXVII edición da Festa da Lamprea,  que este terá lugar o día 14 de agosto na Carballeira de Turbela.

O domingo 14 de agosto entre os actos que o Concello de Arbo co Gallo da Festa da Lamprea Seca, esta a tradicional Festa da Bicicleta.

A marcha arranca ás 10:30horas dende a Praza do Concello e remata na Carballeira de Turbela donde os participantes poderan participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira de Turbela, organizadas con motivo da Festa da Lamprea, degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, a Feira de artesanía e antigüidades, a actuación grupos folclóricos, charangas, inchables gratis para os máis cativos, zona de picnic con mesas e sombra… e por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, «Arabo», situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

Os interesados en participar deberán realizar as inscricións inscrición a través da páxina web da festa da lamprea (https://festadalamprea.gal/inscricion-a-festa-da-bicicleta/)

Os menores deberán ir acompañados de un adulto e é obrigatorio o uso de casco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.