Ardor xuvenil. Por @DulceCorcu

Principiaban Jose Barca e Diego Viaño a pretempada sendo novamente os adestradores dos actuais campión de Liga da categoría xuvenil: a SD Sofán.

Desde o Carral, volverán pelexar polo título e por unha Copa que tentarán vestir de vermello esta vez. Vimbios non faltan, cun equipo que mantén gran parte do potencial do ano pasado e reforzado con novas fichaxes que aportarán un extra de calidade e frescura. Cunha planificación á alza, con choques contra equipos de categorías superiores e tamén sénior, Barca e Viaño coidan cada detalle e miman unha plantilla que moi pronto, o 18 de setembro concretamente, saltará aos terreos de xogo con todo o ardor xuvenil dun equipo que se prepara para revivir e mesmo superar, a gloria vivida no corazón do Sofán.

Foto portada: Luis González

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.