Arias Fouz. «Si non hay praia fluvial en Lugo é por desidia e falta de rigor do Goberno Municipal»

O delegado territorial da Xunta en Lugo, javier Arias, asegura que «Se non hai praia fluvial non é por un capricho da Xunta nin por aproveitamento político deste tema, como di a alcaldesa, senón por desidia e falta de rigor do Concello de Lugo».

Para Javier Arias o que está a ocorrer coa praia fluvial de Lugo é que «ao Concello de Lugo pilloulle o verán por sorpresa, porque ata xuño non fixeron as prospeccións que tiñan que realizar hai anos. Levan falando da praia fluvial desde 2010 e fan as mostraxes en xuño deste ano, para abrir a praia en xullo; estes son os tempos que manexa o Concello, pero cando os proxectos non saen a culpa é da Xunta».

Respecto a aclarar as especificacións técnicas que impiden dar o visto bo a este proxecto, o responsable da Xunta en Lugo insiste en que «levamos desde 2018 dicindo o mesmo: que debían comprobar se había colonias de especies que se podían ver afectadas por esta instalación, algo que, insisto, non fixeron ata agora».

«Este departamento tamén se dirixiu ao Concello para recomendarlle zonas libres de especies protexidas e brindou a súa colaboración para buscar unha nova localización»

Ante esta situación, Javier Arias fai fincapé en que Patrimonio Natural ten o deber de protexer as colonias e as especies ameazadas de mexillón, pero lembra que «este departamento tamén se dirixiu ao Concello para recomendarlle zonas libres de especies protexidas e brindou a súa colaboración para buscar unha nova localización». Por iso, recomenda que «se a alcaldesa realmente quere ter praia fluvial deberiamos empezar xa, e non comezar os trámites a un mes do verán, que é a práctica habitual do Concello».

Reparación do caneiro de Acea de Olga

Por outra banda, o delegado territorial tamén sinalou que respecto á reparación do caneiro de Acea de Olga «A Confederación Hidrográfica Miño-Sil leva con este tema paralizado desde 2018». Neste sentido, hai que lembrar que hai máis de catro anos, desde a Dirección Xeral de Patrimonio Natural requiríuselle á CHMS documentación ao respecto das especies vulnerables así como as medidas de carácter ambiental a adoptar. Sen embargo, apunta Javier Arias, «nestes catro anos non tivemos resposta. De feito, o primeiro paso que deron para sacar adiante esta obra foi este mes de xuño».

O delegado territorial da Xunta en Lugo sinala ademais que «agora solicitan unha traslocación das especies sen axustarse ao que se lle pedira desde a Dirección Xeral en 2018, polo que en canto aporten a información solicitada, estudarase e resolverase o expediente coa maior axilidade posible».

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.