Aterra en Marín o programa “Galegas Dixitais” , unha formación en dixitalización para mulleres demandantes de emprego

A dixitalización e a ruptura da fenda de xénero é un dos eixos nos que se apuntala
o programa Galegas Dixitais, que aterrará en Marín este mes de setembro para
ofrecer una formación gratuíta e completa para dotar de ferramentas e aptitudes
dixitais para mulleres que se atopen inscritas como demandantes de emprego.

O programa, que foi presentado hoxe polo concelleiro e tenente alcalde Manuel
Santos e o Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Alfredo Montero, ten
por obxectivo favorecer a empregabilidade e impulsar o emprendemento e o
desenvolvemento, nun momento no que as competencias dixitais son básicas
para realizar calquer tipo de trámite.

Tal e como explicou Santos, trátase dunha “oportunidade única para formarse,
avanzar e mellorar o currículum de cara a un mercado laboral no que a
dixitalización xa non é unha vantaxe, senón unha obriga”.

O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un
nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, inclúese
un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.

 

Inscricións e vantaxes

As mulleres interesadas en participar deste programa formativo terán que
chamar ao teléfono da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do
Concello de Marín. Tamén pode consultarse toda a información do programa a través da web.

Será abondo con indicar o nome completo, o DNI e presentar a tarxeta de
demandante de emprego.
O curso irá do 12 de setembro ata o 21 de outubro, en horario de 09.00 a 14.00
horas na Aula CeMit.
Coa realización completa da formación recibirase un título oficial acreditativo,
emitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia.
Ademais, as alimnas participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil
Chromebook, que xa será entregado ao inicio da formación para que o utilicen na
mesma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.