Broche final a un verán de actividades en Sande

Neste verán, dende a Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande, en Sande, Concello de Cartelle, puxéronse un marcha unha serie de actividades pensadas para os máis cativos e sesións de cine familiar para gozar nas noites estivais dun filme ao aire libre. Eso, sen contar a recuperación da malla tradicional que, tras o proceso de sementeira e sega, culminou cunha fermosa xornada de convivencia e recordos

E chega o momento de poñer o punto final a esta temporada de actividades cunha Ruta nocturna familiar que terá lugar este venres, día 2 de setembro. Trátase de un ou dous percorridos sinxelos- en función do número de participante-, para facer en familia, por lugares que case todos coñecen, pero dende outro punto de vista: a oscuridade só interrumpida polas lanternas e frontais que leven os participantes. De momento, mantemos o segredo de por onde discorrerán os pasos dos participantes. Recomendamos calzado cómodo e moitas ganas de divertirse!

Unha emocionante aventura que, a través de pistas, irán atopando diferentes obxetos para dar forma a algo moi simbólico de toda parroquia. Que será?…

Como remate, haberá un petisco de verán para recuperar forzar, compartir a experiencia vivida e lembrar os mellores momentos desde verán.

Recordamos que é preciso inscrición previa que remata o xoves, día 1 de setembro.

Desfile á Santiago

Ao día seguinte, día 3 de setembro, ao redor dun grupo de 40 Bonitas, avutardas e, por suposto, o Oso e a Vaca viaxarán a Santiago como convidados a participar no desfile promocional dos Entroidos que organiza a consellería de Turismo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.