Centos de persoas reclaman en Ribadeo a actuación urxente da Xunta diante do colapso da atención primaria na Mariña, na concentración convocada polo BNG diante do centro de saúde

Centos de persoas asistiron hoxe á convocatoria realiza polo BNG diante da grave situación de colapso da atención primaria na comarca. Na mesma, o alcalde de Ribadeo Fernando Suárez Barcia e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida fixeron públicas as reivindicacións nacionalistas diante do que está acontecendo en todos os centros de saúde da Mariña, donde moitos concellos triplican a súa poboación nos meses de verao mentras os efectivos sanitarios diminúen e sen que o Partido Popular tome cartas no asunto cando tén todas as competencias en materia sanitaria.

Suárez e Emida fixeron fincapé en que a Xunta tén que facer os trámites necesarios para cubrir do xeito máis urxente todas as baixas e vacacións da Atención Primaria da comarca da Mariña, así como tamén recuperar os equipos sanitarios para persoas desprazadas, nesta comarca que triplica a poboación nos meses de verán.

Recordaron que o Bng  xa  planteou en sede parlamentaria que a Xunta de Galicia elabore de xeito urxente un plan de choque de 200 M€ para sacar atención primaria do colapso, porque é a peor parada do sistema, cunha precariedade laboral que non deixa de medrar o que explica que, por exemplo, o 60% dos médicos e das médicas formadas no MIR de atención primaria non se quedaron nesta especialidade, “porque  non faltan médicos o que sobre a precariedade laboral”, afirmaron.

E por último, o que é mais importante ainda para esta comarca, desde o Bng plantean recuperar a Área Sanitaria que nos roubaron no 2017 así comao  as Xerencias de Atención Primaria, que agora están en mans do HULA.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.