Cerceda e Estado analizan os proxectos de infraestruturas presentados dentro das axudas de Transición Xusta

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez e o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, abordaron varios proxectos de interese para o municipio, entre eles as sendas presentadas ás axudas convocadas polo Goberno Central

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, mantivo hoxe una reunión na Coruña co Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, co fin abordar diferentes proxectos que afectan ao municipio.

O primeiro edil analizou xunto ao delegado os proxectos presentados á convocatoria de axudas publicada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) destinados a entidades locais e enmarcadas no Plan de Infraestruturas públicas nas zonas de Transición Xusta.

As axudas do Estado contemplan proxectos de infraestruturas ambientais para a posta en valor do medio natural, a mellora de servizos ambientais e a rexeneración das zonas, como o acondicionamento ou realización de camiños, carreiros e paseos fluviais para a recuperación do patrimonio e recursos naturais, así como a creación de infraestruturas verdes e azuis, como, por exemplo, áreas de interpretación da natureza.

No caso de Cerceda están proxectadas varias sendas ciclistas e peonís; a que unirá os cruces da Silva con Xesteda e Cerceda, as senda de Meirama e Encrobas, e a senda que vai desde o Polígono do Acevedo ata o límite con Ordes.

Neste senso, tamén estudou co Delegado do Goberno a importancia do Plan Especial Urbanístico do Lago das Encrobas (Meirama), unha ferramenta primordial para o Concello de Cerceda, xa que terá que explotar parte destes novos recursos, un patrimonio natural único en Galicia. Tras a recente desafectación como terreo mineiro, agora ou futuro ten que articularse a través dun plan especial urbanístico para ordenación deste espazo natural. Parte do futuro económico dous núcleos de poboación máis próximos en particular e de Cerceda en xeral pivotan sobre este recurso.

Por outra banda, o alcalde amosou a necesidade de traballar a prol do aproveitamento das actividades industriais futuras para dotar de subministro de auga á urbanización do Xalo, unha importante demanda veciñal.

E, finalmente, ambos os dirixentes abordaron as accións do Goberno Estatal dentro do seu Plan de Modernización Tecnolóxica para ampliar os servizos de telecomunicacións no eido rural. Rodríguez, que conta cun informe municipal que lle trasladou as administracións competentes, plantexou a necesidade de incluír a Cerceda xa que na actualidade presenta varias zonas brancas de cobertura, é dicir, zonas sen fibra óptica.

Segundo o alcalde, a reunión co delegado foi moi positiva “ao poder tratar en profundidade distintos asuntos de interese público para o noso territorio, como é o noso obxectivo de reducir drasticamente as emisións de CO2 e ser un referente no fomento da mobilidade peonil e ciclista, algo para o que o Concello leva dado, e seguirá dando, pasos en firme, e tamén na implantación da fibra, para a cal estamos traballando cóbado con cóbado co Estado”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *