Cincuenta anos de Festa da Augardente en Arbo

O vindeiro domingo no Torreiro da Festa da Augardente no barrio de Rozas – Sela,  o Concello de Arbo coa colaboración da Comisión de Festas actual, organiza un homenaxe aos cincuenta anos de Festa da Augardente.

Entre os actos esta o descubrimiento dunha placa conmemorativa e actuación do grupo folclórico da Barca de Loimil.

O Concello de Arbo, permite disfrutar dunha excelente enogastronomía e a súa vez ofrece cultura, patrimonio, paisaxes, festas e tradicións, estas dúas ultimas describen a Festa da Augardente – explica o alcalde de Arbo, Horacio Gil – acabamos de rematar con éxito a  Festa da Lamprea Seca que este ano se  estrenou con galardón de Festa de Interese Turistico e agora toca celebrar outra Festa gastronómica do noso municipio, das máis antigas de Galicia e que  este ano cumpre as vodas de Ouro.

Na primaveira do ano de 1972, veciños dos barrios da Granxa e de Rozas, entre os que se atopaba Manuel Rodríguez Alonso “Martiño”,  acompañado polos irmáns Manuel e Alejandro Casas Fernández e por Ignacio Martínez Fernández, comezan a crear un proxecto de festa a celebrar no torreiro das Portelas.

E de aquela idea, con ilusión, esforzo  e coa a axuda de tódolos veciños dos dous barrios do oeste da parroquia de Sela comezaba o 20 de agosto de 1972 a Iª edición da festa da augardente do Condado.

Tralo éxito acado e popularidade e vendo a boa acollida que o evento tivo entre veciños e visitantes, os organizadores escolleron unha data na que nos arredores non  se celebraran festas e  emprenderon  así o camiño  para con máis tempo organizar a Festa do ano 1973.

Nesa segunda edición máis traballada con tempo melloraron o cartel, celebraron a festa dous días e deronlle forma a “ilusión” dun primeiro momento.

Na década dos oitenta incorporase Ramón González que axuda a dar un novo impulso a esta tan querida Festa para Sela  e coa xubilación dos fundadores e o falecemento de Martiño,  toman o relevo as novas xeracións que naceron coa festa, e impúlsana con aire novo. Fanse cargo da comisión organizadora, como presidente Carlos Casas Camiña, fillo de Manuel Casas Fernández, un dos fundadores, e comanda un equipo no que se integran varios veciños e no que acadan cargos directivos Alfredo Tomé Iglesias e Manuel Martínez Casas e máis tarde José Manuel Martínez que lle dan continuidade a aquel proxecto comezado no ano 1972.

Por todos e todas os/as que durante este 50 anos participaron na creación, seguimento e impulso desta Festa única en Galicia, estamos aquí, para facerlle un recoñecemento a todos e todas as que aportaron tempo, esforzo e ilusión na organización deste evento que hoxe cumpre 50 anos e que merece  ser recoñecido non so polos veciños e veciñas  da parroquia de Sela, senón tamén de todos os veciños e veciñas do Municipio de Arbo, visitantes e turistas – remata o rexedor  Horacio Gil – que anima a todos/as a achegarse este fin de Semana a Sela a disfrutar da Festa que remata o domingo coa tradicional queimada.

Fotos cedidas pola Comisión de Festas da Augardente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.