Concertos en Arbo pola XXVIII Festa da Lamprea Seca

Este fin de semana o Concello de Arbo, celebra a XXVIII Festa da Lamprea Seca, que este ano se estrea como Festa de Interese Turístico de Galicia

A partir das 11:00 horas, os visitantes poderán degustar a lamprea  seca en distintos estilos acompañada dos viños das adegas de Arbo.

As 18:00 horas hinchables gratuitos para a cativada

A Caballeira de Turbela é un lugar ideal, con mesas e sombras para pasar un día diferente disfrutantdo da boa gastronomía que Arbo ofrece e de música e diversión.

Durante todo o día tamén poderemos visitar o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea Arabo.

Pola noite e como fin de Festa contamos coa banda Ourensa Guezos ás 20:00 horas e D¨Vacas a partir das 22:30 horas.

Guezos, unha banda ourensá que naceu en 1999 e mestura pop, rock e folk galego, co seu novo disco Faiscas na Carballeira de Turbela. Faiscas representa o “paso fugaz do tempo, das vidas e de como todo pasa moi rápido, case sen decatarnos” O disco está formado por 7 cancións, entre elas 3 versións que levan anos acompañando ao grupo

D¨vacas, despois do seu primeiro “Tour vacanal”, presentado no 2016, veñen de xirar por teatros e prazas co seu último espectáculo, o “Tour vacanal 2019”. Unha cerimonia, un casamento oficial co público para o que renovaron coroas, alpacas, vestidos e repertorio.Unidos aos grandes xites como o Amodiño ou o Noite e Día, aparecen temas novos que dan resposta tamén a novas inquedanzas musicais, tal é o caso de El anillo pa’cuando? ou Rexurdimente, dos que tamén fixeron videoclips, outro dos seus fortes, acadando miles de visualizacións en internet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.