Continúa o período de inscrición das Casas das Linguas municipais de Lugo

As Casas das Linguas ofertan cursos de galego, portugués, inglés, francés, alemán e linguaxe de signos

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que continúa período de inscrición nas casas das linguas para o curso 2022-23. O período de inscricións e estenderase ata o vindeiro día 8 de setembro para as dúas Casas das Linguas municipais.

As persoas que desexen anotarse a algún dos cursos ofertados (galego, portugués, inglés, francés, alemán e linguaxe de signos) deberán presentar a documentación necesaria: fotocopia do DI, folla de inscrición, fotografía de tamaño carné e xustificante de pago de taxas para os maiores de 14 anos, ademais da autorización familiar e fotocopia do DI do pai, nai ou titor legal no caso das menores de idade. Cada grupo contará con 20 prazas para adultos e 15 prazas para nenas e nenos.

Entre o 8 e o 14 de setembro abrirase o proceso de matrícula, unha vez publicadas as listaxes de admisión aos cursos. As clases darán comezo o luns 15 de setembro e rematarán o 16 de xuño de 2023. Pode consultarse máis información no blog das casas das linguas municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *