Cultura activa a licitación das casetas do polbo para San Froilán 2022

O Goberno de Lugo manterá os prezos para as usuarias e usuarios das casetas, conxelados desde o 2016

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que vén de abrir o novo procedemento de licitación das casetas do polbo para o presente San Froilán. Ferreiro explicou que «queremos garantir a volta das casetas mantendo o prezo a pagar polas persoas que desexen achegarse a esta instalación, traballando da man co sector da hostalería para asegurar as mellores condicións».

O Goberno de Lugo activou de novo o procedemento de licitación para adxudicar as casetas do polbo despois de manter diversos contactos co sector, garantindo que estas instalacións volvan estar presentes no San Froilán 2022 despois de dous anos de parón producidos polas distintas restriccións sanitarias derivadas da crise da COVID-19.

No novo prego, os orzamentos base de licitación saen a concurso cun mínimo de 9.824,50€ para a caseta 1, 8.842,05€ para a caseta 2 e 8.187,08€ para as 3 e 4. Os caldeiros saíron a concurso cun orzamento base de 6.178,93€ o número 1, 5.561,04€ o número 2 e 5.149,11€ os números 3 e 4, o que supón descontos próximos ao 50% do prezo orixinal de licitación, seguindo o marcado na normativa fiscal do Concello de Lugo.

Por iniciativa da área de Cultura, a Comisión comisión de festas aprobou a manter dos productos das casetas, mantendo os mesmos prezos que no 2016. Deste xeito, as persoas que visiten as casetas do polbo poderán consumir cada ración de polbo (250g) a 12€, a ración de pan e de cachelos (200g) a 1,50€ e a botella de viño (3/4l) a 6€.

As empresas do sector da hostalería terán ata o 6 de setembro para presentar as súas ofertas, e poderán realizar a actividade entre o 1 de outubro e o 1 de novembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.