Cultura da Deputación achega este ano máis de 533.000 € a 31 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades sen fins de lucro

Entre os beneficiarios están o 31 Festival Outono de Teatro de Carballo, XV Festival Rock In Rian,  XXVIII Festival Rock & Dorna, Ateneo Barroco 2022, XXVII Galicreques ou XXXVII Festa da Carballeira de Zas

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña, que xestiona o deputado Xurxo Couto, destinará finalmente este exercicio 533.370,29 euros para subvencionar 31 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades sen fins de lucro de toda a provincia.

As axudas —en función do orzamento presentado e o coeficiente de apoio que responde á criterios obxectivos— van desde os 5.000 aos 45.000 euros. Esta achega súmase a outra de 549.993,17 euros, aínda provisional, coa que a Deputación contribúe a financiar 24 festivais das mesmas características organizados polos concellos.

Entre os beneficiarios están o 31 Festival Outono de Teatro de Carballo, XV Festival Rock In Rian,  XXVIII Festival Rock & Dorna, Ateneo Barroco 2022, XXVII Galicreques ou XXXVII Festa da Carballeira de Zas.

A resolución, a listaxe de beneficiarios das axudas e a cantidade que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 23 de agosto, e tamén se poden consultar e descargar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *