Dani Vega: “Agradecemos á comisión polo gran traballo que fixeron para facer posible unhas boas festas en Ribadeo”

O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destacou o gran traballo que fixo a comisión  organizadora “para facer posible unhas boas festas para Ribadeo”. O popular explicou que “desde o inicio fixemos un traballo conxunto para poder axudar e así conseguir a financiación da Xunta de Galicia, por eso queremos felicitar a estes rapaces polo se esforzo e polo cariño que amosan por Ribadeo”.

“A Xunta de Galicia financia todos os concertos que temos durante as festas, como exemplo temos a Baiuca ou a Penúltima Sabinera” explicou Vega. Ademáis dos concertos haberá tamén actividades para os nenos e actuacións musicais polas rúas como o cuarteto ribadense Illa Plancha”. Ademais “financiamos o libro das festas” engadeu Dani Vega.

Novidade

Unhas das novidades máis importantes será o videomapping que se proxectará na fachada do concello. O videomapping es una técnica visual que consiste en proxectar imaxes sobre superficies co obxeto de crear efectos e animacións tan impactantes que parece que cobran vida. O Xacobeo é o patrocinador desta novidade que chega a Ribadeo por primeira vez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *