Encontro das Brigadas Deseucaliptizadoras cos realizadores chilenos do filme Llamas del Despojo: Incendios del Negocio Forestal

O domingo 7 de agosto celebrarase un encontro en Froxán, Lousame, cos cineastas chilenos Verónica González e Nicolás Salazar, quenes dirixiron o recentemente lanzado documentario «Llamas del Despojo: Incendios del Negocio Forestal«

Os realizadores chilenos desprazáronse ata esta localidade galega para coñecer de primeira man e filmar a testemuña e acción das Brigadas Deseucaliptizadoras, xa que en Chile hai máis de 3 millóns de hectáreas de monocultivo de piñeiro e eucalipto en mans de grandes empresas que están destruíndo o territorio, auga e bosques, xerando problemáticas asociadas aos lumes que son novas para o país.

Durante a mañá filmarán a intervención deseucaliptizadora das Brigadas nunha nova zona de intervención en Froxán, ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, nas que no próximo inverno se plantarán árbores autóctonas. O material servirá para un novo proxecto de documentario, no que se recollerá a experiencia galega das Brigadas.

Na parte da tarde, logo da sobremesa, o encontro dará pé a un faladoiro sobre o seu último documentario «LLAMAS DEL DESPOJO: INCENDIOS DEL NEGOCIO FORESTAL», realizada polo colectivo audiovisual Ojo de Treile, e os desafíos dos incendios e dos monocultivos forestais na Galiza e no Chile.

O documentario

Cada temporada, máis territorios do centro e sur de Chile e Wallmapu, sofren pola mega sequía e voraces incendios forestais que destrúen todo ao seu paso. Comunidades e investigadores apuntan á industria forestal como un dos principas responsables, xunto a un Estado incapaz de prever e conter estas catástrofes.

Despois de 2 anos de traballo conseguiuse producir o documentario «LLAMAS DEL DESPOJO: INCENDIOS DEL NEGOCIO FORESTAL», realizada polo colectivo audiovisual Ojo de Treile.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.