EU Cambre aproveita a súa cita mensual ante os centros de saúde para denunciar o desmantelamento da atención primaria

A cita mensual será o día 1 de setembro diante do centro de saúde de Cambre ás 19:30

A poboación está farta de ter que esperar unha semana como mínimo para poder ter acceso a unha consulta en Atención Primaria.

A formación súmase así, con esta campaña mensual á precaria situación da Sanidade Pública en Galicia que acusa unhas ratios de médicos por habitante tan altas que impiden unha mínima cobertura en Atención Primaria, mais non só, porque no PAC de Cambre, que tamén cubre ao Concello de Carral, as queixas pola ausencia de efectivos sanitarios, que neste centro tamén cubre urxencias, son constantes, así como o propio estrés e saturación dos profesionais.

Dende EU, en palabras da súa coordinadora Loreto Taibo, afirman que «O que debería ter a Xunta de Galicia como liña de acción no verán, é o reforzo de recursos económicos e humanos, pero resulta que a realidade é todo o contrario: recortes e mais recortes que fan que a poboación estea desatendida e acuda aos servizos de urxencias dos hospitales de referencia, saturándoos». E continúa: «EU non deixará de protestar por este recorte de dereitos que deixa á poboación nunha situación de indefensión. A Xunta de Galicia está vulnerando, coas súas políticas orientadas a dinamitar a Sanidade Pública en beneficio dos lobbies privados, o dereito á saúde, recollido no Artigo 43 da CE.»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.