Feira de Artesanía e Gastronomía de Castroverde

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio, Pilar García Porto, participou este domingo xunto ao Alcalde de Castroverde e Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, na inauguración da XV Feira de Artesanía e Gastronomía da localidade.

O recinto feiral da vila acolleu esta cita, na que se puideron ver demostracións de oficios tradicionais, degustacións, actuacións, obradoiros artesanais e un desfile de moda. A fotógrafa castroverdesa María Nogueira foi a encargada de dar o pregón.

A Deputación de Lugo colabora con este encontro tradicional a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos, que achega preto de 20.000€ para a posta en marcha de actividades culturais deste municipio.

García Porto destacou que a Feira de Artesanía e Gastronomía de Castroverde “contribúe a dinamizar a economía local, a produción artesanal, a gastronomía, e impulsa así o rural da provincia de Lugo”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.