Formoso. «A xestión nefasta da sanidade galega esixe a Rueda que de a cara»

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou a realidade de “xestión nefasta” do goberno da Xunta do servicio de saúde público e pediu a Rueda que “de a cara” ante o colapso da sanidade. Con respecto á muller que faleceu no PAC de Sanxenxo ao non dispoñer de ambulancia medicalizada, remarcou que non pode ser que unha persoa faleza por falta de recursos na sanidade.

Formoso centrouse na “deficiente” xestión do servicio sanitario por parte do goberno de Rueda, destacando que o principal problema na actualidade é a falta de recursos. Mesmo fixo fincapé para alcanzar media inversión nacional é preciso aumentar o orzamento en 139 millóns de euros, ademáis esta situación se agrava polo recorte dun total 976 profesionais menos que hai unha década.

O número un do PSdeG exclamou que “xa está ben” e reclamou á Xunta que tome medidas contundentes ante o que considera un problema estrutural. Para Formoso é preciso que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “afronte a realidade” e “se poña a traballar dunha vez” ante un asunto que afecta severamente a todos os galegos e as galegas.

O líder socialista lamentou a nova da morte dunha muller en Sanxenxo por falta de medios para que chegara ao centro hospitalario. Respecto a esta área sanitaria incidiu en que a Xunta favoreceu “ocorrencias” como a de ofrecer pisos aos médicos de fóra para que traballaran alí na tempada estival, sendo “parches” que non atallan o problema en orixe.

Recordou que o PSdeG creou un grupo de expertos no sector sanitario que chegou á conclusión de que os problemas que xeraron o colapso da sanidade en Galicia son, principalmente, unha patente falta de recursos, a “desmotivación” dos sanitarios e listas de espera, tanto en especialidades como, por primeira vez, en atención primaria.

Subliñou que a Xunta “desapareceu” de Sanxenxo, xa que no Sergas non admiten citas ata setembro para aquelas persoas que teñan algún tipo de doenza. Deste modo, deixan aos profesionais e aos cidadáns “desprotexidos e abandonados”, cando estamos a falar dunha zona que aumenta considerablemente a súa poboación no verán, polo que considera que a actitude do goberno galego é “neglixente”.

A pesar de que, nesta ocasión, o falecemento ocorreu no PAC de Sanxenxo, Formoso non quixo focalizarse só nesta zona, xa que insiste en que os problemas que o causaron existen en todas as áreas sanitarias, polo que considera preciso un aumento do investimento para evitar que volva a suceder en calquera punto do territorio galego.

O secretario xeral do PSdeG engadiu que “non pode ser” que un usuario teña que esperar ata 14 días por unha cita telefónica co seu médico de cabeceira ou que non teña un diagnóstico do médico nas primeiras 48 horas tras encontrarse enfermo, tal como reclaman os socialistas. Do mesmo xeito, resulta inviable para Formoso que nunha zona como Sanxenxo non haxa ambulancias suficientes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.