Gaiteira, Castrillón, Labañou, Eirís e Novo Mesoiro súmanse as festas da Coruña con verbenas e actividades para todos os públicos

As festas populares chegan a partir desta semana aos barrios. Oza-Gaiteira, Castrillón, Labañou e San Roque de Afora, Eirís e Novo Mesoiro acollerán durante a segunda quincena do mes de agosto verbenas e actividades para todos os públicos, promovidas polo Concello en colaboración coas entidades veciñais e incluídas no programa das festas de María Pita.

O día 15 serán as festas no barrio de Oza-Gaiteira, con pasarrúas a partir das 11.30 horas, contacontos ás 12.30 horas e sesión vermú ás 14 horas a cargo de Brassica Rampla, o espectáculo Saaabor ás 18 horas, para pechar cunha verbena, protagonizada por Quinkillada e La Piel del Oso.

O Castrillón-Urbanización Soto tomará o relevo do 17 ao 19, coa actuación central de Heredeiros da Crus na praza de Pablo Iglesias. O programa de actos comeza o 17 co pregón a cargo da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, para pechar a xornada cun concerto de Virtual Project.

O xoves haberá festa infantil con inchabeis, festa da espuma e dous dos actos principais dos festexos: a XIII edición do Concurso de Tortillas, ás 18.30 horas; e ás 22 horas o concerto de Heredeiros da Crus, que este ano celebra o seu 30 aniversario cunha xira especial.

O venres 19 rematarán as festas con actividades infantís pola mañá, mentres que pola tarde, a partir das 18 horas, haberá xogos e deportes tradicionais, un obradoiro de swing e baile social para finalizar ás 22 horas coa actuación da orquestra Fania Blanco Show.

O 20 de agosto, será a quenda de Labañou e San Roque, que celebrará ao grande o centenario do club do barrio, o Sin Quere. Para iso organizouse na praza da Tolerancia o circo de Isla de Triska, a partir das 19.30 horas, ao que seguirán as actuacións de Belen Tajes, ás 20.30 horas; Sin Querer Centenario Band, ás 22 horas; e The Teta’s Van, a partir das 23.40 horas.

As festas e verbenas nos barrios rematarán o día 23 coa tradicional Festa da Fresa en Eirís e do 26 ao 28 de agosto en Novo Mesoiro cunha ampla programación infantil e músical.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.