Inaugurada en Arteixo a exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur”

A exposición “La Flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” que promove o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) do territorio, foi inaugurada esta mañá no Centro Cívico de Arteixo e poderá visitarse ata o 28 de agosto.

Ao acto de presentación asistiron o presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro, a vicepresidenta da entidade e concelleira local, Patricia Amado e a concelleira de cultura, Ana María Bello. Os tres representantes percorreron a mostra e destacaron a importancia de por en valor o patrimonio pesqueiro da zona, a través da apertura de espazos lúdicos accesibles á toda a cidadanía.

Castro sinalou ademais que, “este proxecto é o resultado da investigación colaborativa financianda polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP)”. Neste senso, destacou a colaboración das confrarías do territorio (Sada, A Coruña, Lorbé e Mera) e das organizacións de produtores pesqueiros como a Acerga e Arpega que contribuíron na elaboración do estudo.

Paneis informativos

A exposición está composta de quince paneis, a través dos cales se pode percorrer a evolución histórica da frota, tanto de baixura como de altura, as diferentes artes empregadas ao longo do tempo e as especies das capturas máis habituais.

A mostra tamén contempla un espazo exclusivo para as confrarías do territorio, onde se expón en detalle o importante traballo da xente do mar do Golfo Ártabro Sur.

Exhibición itinerante

A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur”, que xa se puido visitar en Sada e Oleiros a principios de verán, estará aberta no Centro Cívico de Arteixo, en horario de mañá, ata o 28 de agosto. Posteriormente, desde o 29 ata o 12 de setembro poderá visitarse na praza de Lugo da Coruña.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.