Máis de 1.600 persoas participaron no espazo interactivo ‘A diversidade visible’

Durante dez días, multitude de rapazas e rapaces asistiron a xogos e actividades orientadas a concienciar sobre a importancia de loitar contra a discriminación por identidade de xénero

espazo interactivo ‘A diversidade visible’, unha iniciativa de carácter divulgativo posta en marcha por primeira vez polo Concello da Coruña no contexto das Festas de María Pita 2022, pechou as súas portas esta semana tras dez días de actividades arredor da temática LGTBIQA+. 

O Goberno de Inés Rey apostou por promover o espazo interactivo ‘A diversidade visible’ como unha nova proposta para escoitar á mocidade e concienciar sobre a importancia de loitar contra a discriminación por identidade de xénero. Segundo o Eurobarómetro da Discriminación 2019-2022, máis da metade dos nenos e nenas LGTBIQA+ de todo o país sofren bullying.

No espazo, localizado no Cantón Grande, dispuxéronse tres seccións informativas: a primeira, ‘Infodiversa’, orientada a recoller as suxerencias das personas que visitaron o espazo interactivo, co obxectivo de atender as observacións asociadas á temática LGTBIQA+; a segunda, ‘Bibliodiversa’, que ofreceu materiais de lectura diferenciados por franxas de idade asociados á diversidade; e, finalmente, ‘Unidiverso’, unha zona de xogos infantís con actividades específicas para as mozas e mozos.

Preto de 150 rapazas e rapaces de entre 10 e 20 anos participaron nestes xogos, cunha afluencia maioritariamente feminina. Ademais, un total de 1.650 persoas participaron nas actividades de recollida de suxerencias e opinións o que permitirá dispoñer de datos cualitativos e cualitativos sobre esta realidade.

Ademais, e en paralelo ás actividades promovidas a través de ‘Infodiversa’, ‘Bibliodiversa’ e ‘Unidiverso’, os días 2 e 10 o espazo interactivo acolleu dous pases do espectáculo ‘Planeta LGTBIQ’, a cargo do narrador galego Caxoto Contacontos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.