Marín acolle o domingo a pasarela de traxes tradicionais ‘Pousos de Area’

O próximo domingo 14 de agosto ás 2030 h. a Alameda Rosalía de Castro será o escenario e a pasarela escollida por Pousos de Area para lucir as mellores galas do traxe tradicional galego

Este proxecto que comenzaron fai varios anos reflicte o traballo levado a cabo desde esta Asociación pola recuperación, investigación e posta en valor do noso traxe tradicional galego.

Pasarela con 26 traxes tradicionais composta por pezas antigas do século XIX así como reproducións fidedignas a partir de pezas orixinais, fotografías ou gravados, respectando os cortes, as confeccións, os adornos e aplicacións propios da época.

Poderase ver traxes de gala ou garda para os días de festa, de cotío para as labores e de ir á feira para asistir aos mercados, asi como apreciar as diferencias rexionais entre os diferentes traxes dependendo da zona e da dispoñibilidade de tecidos, tintes, mercados de venta de mantons, etc.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.