Marín acollerá a celebración do IX Memorial Antonio Fernández

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, presentou esta mañá xunto co grupo
folclórico Os Chaneiros a IX edición do Memorial Antonio Fernández, que se
celebrará este domingo, 4 de setembro, na nosa vila.

Inicialmente e se o tempo o permite, haberá unha recepción ás 19.30 horas no
Concello e un pasarrúas ata a Alameda Rosalía de Castro, onde ás 20.00 horas se
fará o festival. No caso de que chova, ambas actividades trasladaranse ao
Multiusos da Praza de Abastos.

No festival tocarán a Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei (Tui), o
Grupo de Gaitas Lumieiras do Morrazo (Cangas), a Asociación Cultural Trompos Os
Pés (Marín) os propios Chaneiros.

Con esta cita de música tradicional galega, o Concello inicia a programación de
setembro, que contará con citas musicais, culturais e de ocio para non perder.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.