Membros de Xuntos Carballo M+J visitan a protectora «Amigos de los perros de Carballo»

O secretario xeral da formación Xesús Deus Gende xunto co secretario de organización José Luis Bardanca achegaronse ata Bertoa, para coñecer de preto a situación actual na que se atopa a canceira que de maneira desinteresada realiza a súa actividade, dende fai moitos ano
Recentemente volviu a acontecer,coma en outras moitas ocasións,que un veciño da localidade atopou unha cadela supostamente perdida que camiñaba sen rumbo pola estrada.Esta persoa chamou a os distintos organismos públicos para que lle dera unha solución para o animal que acababa de atopar, e como a competencia final, según a lexislación actual e do concello , este desentendiuse como o leva facendo dende fai moito tempo,a non ser que sexa de raza potencialmente perigosa,polo que a maioria das veces por non dicir todas os cáns rematan na «ONG» animal que non é outra que «amigos de los perros de Carballo».
Os compoñentes da formación mantiveron unha extensa charla coa encargada do recinto,onde puideron recadar numerosas reinvindicacións e o punto de vista da actual situación que acontece no concello , coma xá o fixeran con anterioridade o pasado mes de febreiro.»Nestes intres a canceira de Bertoa está facendo a función que lle corresponde a o concello.E impresionante a labor que levan a cabo todos/as os voluntarios que atenden cada día estas instalacións, e non só nas labores de mantemento, senón o agarimo que lle dan a os animáis que viven ali.As donacións particulares e de empresas varias son as que permiten ter esto aberto,para seguir desempeñando esta función que tanto aporta a Carballo.Facemos un chamamento para que todo aquel/a que queira donar pienso ,ou calquera outro tipo de axuda o faga ,porque será sen dúbida ben recibida.Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto estaremos en continuo contacto para axudar no que humildemente poidamos.Consideramos que fai falta un continuo seguemento de todo o relacionado con este tema,e por iso nos vindeiros días imos nomear unha persoa da formación ,tan só para a defensa dos animáis , da flora e da fauna». Sinala Xesús Deus Gende.